mércores, 17 de maio de 2017

Casares e Riveiro Coello, os libros


A ferida do vento de Riveiro Coello ten relación con Vento ferido, a novela de Casares, que neste ano cumpre 50 anos. 
Casares aparece aquí como un personaxe máis, o fillo do mestre Paco, que fala con seu pai para que o avó lle mostre o rexistro que leva dos tolos... a rapaz comenta o encontro co escritor que vén de entrar na Real Academia Galega e, que na visita á súa casa, o agasalla con O Principiño e Vento Ferido.
Así narra o segundo encontro:
“Diante da porta de Emilita Peláez, o fillo de don Paco fala con don Ramiro, co Rodriguete e máis con Camilo Dios, os tres comunistas máis destacados da nosa vila. Ao carón, unha muller loura, esvelta, alta, con minisaia, un cigarro na boca, lanza unha gargallada de fermosos dentes brancos e apoia a súa alegría no ombreiro esquerdo do escritor, que é moito máis baixo ca ela. Ese aceno agarimoso insinúa que ela é a súa dona.”  
Volve Riveiro a Casares por aquela promesa que lle fixera cando no xantar posterior á presentación de As rulas de Bakunin pactara con el escribir a historia “dos seus tolos”, eses que se recollen no relato, personaxes que se distinguen de todos os demais pola orixinalidade e liberdade coa que se moven, polo vento que levan dentro da cabeza.
Unha bonita homenaxe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario