O can Rin e o lobo
Crispín, foi publicado na colección Árbore da editorial Galaxia en 1983.
Ilustrado polo
arquitecto Pedro de Llano, sen que se lle recoñeza ningunha outra experiencia de
poñer imaxes a unha historia, na literatura infantil galega.
Personaxes da aldea e o portento facéndose visible, pois é a historia
dun can que fala, pero ademais é listo e valente. Cóntase o seu pasado... de
cando andaba de pastor pola parte de Burgos e se fixera famoso por dicir as
oracións en latín, de como foi regalado -por esta razón- ao bispo de Ourense e
de como este llo ten que pasar ao abade de Beiro polas animaladas e pecados que
comezou a dicir polas ensinanzas dun sancristán, de como fai favores a todos
ata o punto de saír a buscar o médico de Amoedo para unha enferma no medio da
noite e de como este se nega a ir polo medo ao lobo Crispín, de como o can o
convence despois dunha aposta na que mostra a súa forza... De camiño atopan ao
lobo, o médico está horrorizado, pero o can atácao, soltándoo só a cambio dunha
promesa “que o día da festa de Beiro vaia á aldea á saída da misa e que diante
de todo o mundo lamba unha ovella”. Así o fixo! Polo medio, aparece a enferma que
coa febre crese unha princesa china, das que tamén o lobo escoitou falar e que
ao final, cando ve o que este fai coa ovella afirma que lle dixeron que iso pasara
unha vez en China, hai máis de vinte mil anos.
Pode haber algo máis fantástico
que a China no imaxinario do pasado, das súas mandarinas e das historias de
Marco Polo ou de Cunqueiro?
A fantasía en estado puro e campestre deste can Rin, o polbo
xigante, o galo de Antioquía...
Ningún comentario:
Publicar un comentario