martes, 16 de maio de 2017

Carlos Casares. Os seus libros libros de LIX, no seu ano (VII)

Hai un Carlos Casares tradutor de literatura infantil e xuvenil, aquel que está atento ás necesidades deste grupo de idade, que coñece o que se fai no mundo e o trae á nosa lingua.
Así nos chegan O Principiño de Antoine de Saint - Exupery e Os escaravellos voan á tardiña de María Gripe para a mocidade. Do primeiro destes libros xuntou Casares unha colección de edicións en diferentes linguas do mundo que constitúe unha exposición O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares.
Tradutor e editor. Desde Galaxia, Casares atende esta franxa de idade cunha atención especial.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario