Do relato "O libros das saudades e os degoiros", este anaquiño que seguramente agradezan os e as bibliotecarias, igual que terían agradecido os xitanos un anaco de "Pan con chocolate" no seu día.
"(...) porque esta biblioteca é a miña Zaratustra, algo así como a
sombra da miña alma. Por que, logo, se eu so xa un lector afeito, ten
que pasarme con este libro o que non me pasou con outros que lin?´É
dicir, por que paso as páxinas cunha estraña dor, cun sentimento de que
non volverei ver esas paisaxes?
(...) E agora xa non hai que facerlle: son gardián de moitos libros, son confidente de moitos corazóns e son Zaratustra"
(...) "Zaratustra, non tes máis Toribios?, pregúntame un cativo louro e traveso. "Don Zatratustra, non lle parece que o Mecanoscrito se pasa un chisco?", comenta un mozote de ollos tristes. "Señor Zaratustra, podería levar O principiño para a fin de semana?" pregunta unha meniña con cara de mañá.
Quen
foi o primeiro que me alcumou deste xeito? Esta é a miña pregunta, quen
sería? Son tantos xa os anos que pasaron, tantos e tan longos algúns
deles, que non dou atopado o responsábel... En todo caso, serían aqueles
que lían Luces de Bohemia alá polos anos sesenta?
(...)
Don Duarte? -estráñase Zaratustra-. Don Duarte eu e hoxe? Que o demo te
leve, fillo de Roi Salgado, que rematas de obrigarme a recuar no tempo
trinta anos. Porque foi teu pai, foron el e máis a súa cuadrilla os que
viñan namorar na biblioteca, os que lían canto libro chegaba, mesmo
antes de poñerlles o carimbo, os que me alcumaron xa para sempre...
Agora non teño dúbida."
Ningún comentario:
Publicar un comentario