Pioneiras 2 Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo e publicado por Xerais. Despois do éxito de Pioneiras, que neste momento vai pola terceira edición (algo moi inusual tendo en conta que se trata dun libro informativo), aparece esta nova entrega na que se recollen as biografías de once mulleres esquecidas pola Historia, a pesar de ter sido pioneiras nos seus campos.
Trátase da primeira astrónoma, primeira arquitecta, primeira xogadora de hockey sobre herba, primeira actriz, da primeira aeronauta, da primeira alcaldesa, da primeira licenciada, da primeira fotógrafa con estudio propio (que ademais, nos trouxo as imaxes de Rosalía de Castro), da creadora do libro electrónico, da inventora dos primeiros traxes de augas ou da pedagoga María Barbeito, pioneira da revoncación pedagóxica entre nós.
Libros necesarios. Libros que nos entregan algo da fachenda que precisamos como mulleres e galegas. Libros para informarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario