xoves, 21 de marzo de 2019

Varios libros varios


Varios libros entrando nas librarías: un deles O segredo das Burgas.
Unha novela publicada na colección Costa Oeste de Galaxia. Andrés Pombo Graña é o seu autor, de Ourense e escribindo sobre a súa cidade, sobre as posibles lendas e seres míticos que a arrodean; el mesmo fai referencia ao Diccionario dos seres míticos galegos de Cuba, Reigosa e Miranda así como Romance de desventuras de Pepe Carballude.
O mundo mitolóxico asentado no hoxe, ao lado da telefonía móbil, a policía contando con eses poderes sobranaturais para poder dar resposta aos asuntos que non controlan e os mafiosos dispostos a todo -unha vez máis- para conseguir o grial que lles dará acceso ao poder total, polo medio un anticristo (ou non o é?) tenro e brutal, unha bruxa con aprendiza e rapaz coidador da casa; os demosiños, nubeiros e toda unha chea de seres que son pero non entran na nosa racionalidade. A porta queda aberta a posibles continuacións, porque a nai da criatura queda nomisterio e os personaxes en pé. 
Os Fantom de Patricia Mallo, primeiro Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2018.  Patricia que xa publicara en Galaxia  Os Cabezombis na Mansión Espello.
Semella que a autora ten unha querencia especial polos pequenos e tenros monstros, no primeiro dos seus libros xa o di o título, e neste trátase dunha famili8a de difuntos que veñen de vacacións ao Máis Acá e teñen dificultades para volver. Por esa razón, vense obrigados a integrarse no pobo, no hotel, no traballo, na escola (onde os dous irmáns terán que enfrontarse á panda dos acosadores Leóns). O bulling aparece tratado unha vez máis, de forma que xa semella absurdo que o profesorado que coñece ou debe coñecer perfectamente aos acosadores derberían pasarlles anacos destes textos para que se vexan reflictidos e para que todos poidan rirse ante tamaño abiso e ante a repetición destes personaxes ao longo e ancho do mundo mundial... como unha praga... A evolución da autora semella interesante, centrada nun imaxinario propio (a relación entre o Máis Acá e o Máis Alá)  e agora respaldada por este premio que poñen en pé Barbantia, o concello da Pobra e Galaxia para homenaxear ao escritor Carlos Mosteiro que nos deixou boas mostras do seu facer.    
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario