Formato vertical con pasta dura,
semellante ao de Bicos e non balas.
Ana ten sete anos e
vive coa avoa no campo. Unha mañá a avoa séntese enferma e cando ela lle pide
que a acompañe ao patio da escola porque quere ir a xogar coas amigas, a avoa dille
que vai ter que ir soa. Cústalle traballo e cando se decide... almorza, vístese e
sae. Ha de ir polo camiño sen desviarse e cando chegue alá dicirlle aos maiores
que chamen á avoa para que quede tranquila sabendo que xa está alí, pero no camiño atopa a Amelia
(doce anos) que a convence de que necesita un monopatín como o que ela usa para
ir ata o parque da escola, volve á casa e cóntallo á avoa que lle di que
xustamente por ir así de rápido Amelia non coñece o freixo que lles dá sombra. Repetirase a historia con outras nenas, coa carteira e coa mestra ata que Ana se decide, ela está disposta a camiñar a ir apreciando todo o que o camiño lle ofrece.
Porque o importante é a natureza, a vida lenta, os afectos interxeracionais… e a autonomía persoal, saber que vas polo teu camiño.
Historia cunhas ilustracións con unidade e fermosura nas que o
nariz dos personaxes (avoa e nena) pode ser o máis identificativo en principio, para ir abrindo as marcas doutra maneira de representación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario