Ensaio e investigación
Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia)
Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia)
Un
ensaio literario coa vocación de dar a coñecer os procesos da
literatura, escrito desde a lectura e sen renunciar ao exercicio da
divulgación do oficio da literatura e das maneiras de ler.
Divulgación
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)
Explica dun xeito sinxelo e ameno todas
as singularidades do cerebro. É un libro que responde á demanda de
contar con máis libros de divulgación científica ben editados,
ilustrados e en galego que estean como este, dirixido a un público moi
amplo en idade e intereses.A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)
Narrativa
Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)
Valorouse o exercicio da memoria persoal e familiar e a proxección
universal da mesma para compoñer un mosaico que se volve innovación
estrutural e que o lector ten que recompor, así como o uso da oralidade
na escrita.Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)
Defenderon a recuperación dun estilo clásico para un xeito
innovador na literatura infantil no que salienta unha riqueza léxica e
un xeito de narrar sen convencións que resulta atraínte e singular.
Xuvenil
Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)
Consideraron que era esta unha narración poderosa, que sobarda o
xenero xuvenil. Incorpora moitos referentes femininos para formar con
eles un corpo literario que fai rede con escritoras universais. A
perspectiva da muller combina na obra cun manexo da forma narrativa.Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)
Libro ilustrado
Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
Destacaron a conxunción e harmonía entre ilustración e
texto, unha combinación na que tanto o texto como a imaxe van máis alá
de ser complementarios o que o converte nun libro cunha formulación
novidosa.Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
Libro de banda deseñada
A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)
Escollida
por ser unha obra de autor que conta unha historia desacougante,
dramática e desconcertante, con paisaxes que semellan pinturas e
narración visual potente que combina a imaxe e a mensaxe.A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)
Iniciativa bibliográfica
Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Para
o Xurado é unha obra monumental, amplisimamente documentada e que
responde ao traballo dunha vida de investigación, ademais de ser o
inicio dun conxunto de tomos imprescindible para a historia de Galicia.Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Tradución
Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editora)
Destacaron o valor de ser unha tradución que traslada á perfección
a lingua do clásico orixinal e que conserva a forza da historia e o
ritmo narrativa da novela, recuperando para o galego a forza dos
clásicos universais.Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editora)
Poesía
Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora)
Destacaron
a combinación de situacións vitais da autora, a súa circunstancia e o
seu territorio xenera neste libro unha serie de imaxe poéticas con moita
tenrura e moita forza, ligadas a unha traxectoria coherente que volve
sobre o telúrico, que mantén o pouso literario e incorpora elementos
novidosos como a música sen apartarse do seu mundo habitual.Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora)
Teatro
Citizen, Grupo Chévere (Kalandraka Editora)
Valoraron que é unha obra que marcou unha antes e un despois nos
escenarios galegos teña continuidade nun libro que, coma obra escénica,
conta unha historia contemporánea sobre a Galicia actual.Citizen, Grupo Chévere (Kalandraka Editora)
Libro mellor editado
Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora)
Salienta a edición delicada, o emprego e combinación dos materiais e as ilustracións de Anxo Pastor.Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora)
Ningún comentario:
Publicar un comentario