PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Libraría Chan da Pólvora
Polo
ímprobo labor que realizou a favor da poesía e da lectura,
convértendose nunha libraría referente en Galicia e nun foco de
dinamización arreador da poesía.Libraría Chan da Pólvora
Agradécense estes recoñecementos. Chan da pólvora, unha pequena libraría nun barrio con múltiples actividades e un libreiro que é un heroe. Din que pecha e non queremos crelo. É necesaria a xente coma el que move o que non poden facer outras máis grandes e con varios empregados. Quico Valeiras, por ti!!!!
Proxecto literario na rede
Kalandraka TV
O
xurado valorou a promoción da lectura que realiza esta canle,
especialmente nos ámbitos da lectura infantil e xuvenil, con contidos
audiovisuais adaptados aos gustos dos lectores máis novos.Kalandraka TV
A canle que encheu de contido o confinamento. Narracións orais, presentacións de libros, cancións e entrevistas, de todo o que se pode facer arredor do libro infatil dentro e fór ado país. Fachenda de vos e do que significades.
Xornalismo cultural
María Yáñez
O
xurado recoñeceu a traxectoria de compromiso coas novas formas de
contar e co uso das ferramentas de comunicación, sumando a tradición xornalística cos medios e plataformas para contalas e sen deixar de lado
os formatos da cultura popular.María Yáñez
María escribiu literatura infantil e se non o fixo houbo alguén que co seu nome publicou algo nos primeiros tempos da colección merlín. Ela estivo sempre nese mundo do xornalismo e as novas maneiras de mostrarse. Moi ben merecido o premio, si señora!
Ningún comentario:
Publicar un comentario