luns, 4 de maio de 2020

Premio Gran Angular para Nando López por "La versión de Eric"

Os últimos premios da factoría S.M. son un luxo. Confirmado! Ademais da novela para a infancia de Carlo Frabetti (sempre acertada na forma e no contido) a dirixida á mocidade de Nando López La versión de Eric, que resultou ser premio Gran Angular, é unha declaración de amor á adolescencia. Esta obra ponnos en contacto coa busca da identidade por parte dun mozo trans, polo tanto, constitúe una acto de reivindicación dos dereitos das minorías. 
Considera o autor que é necesario captar a diversidade presente na sociedade e mostrala na ficción. Dese xeito podemos conseguir que estes "diferentes ou minoritarios" se convertan en referencias positivas, porque a cultura é unha posibilidade e maneira de construír a nosa identidade. E porque os libros axudan a provocar empatía, a entender aos demais, eliminando fobias e prexuízos, medos e discriminacións. Un libro que nos remite, unha vez máis a Lorca, o gran autor do 27 que ao que asasinaron polas súas ideas pero tamén pola súa opción sexual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario