As bibliotecas, tamén nestes tempos (e incluso máis por iso) han de ser porta democrática de acceso á información, por iso precisan de recursos que
garantan a prestación dos servizos en condicións dignas.
As autoridades han de ter un liderado ideolóxico na democratización e universalización dos
servizos bibliotecarios, deben dar mostras de credibilidade e apoiar as bibliotecas porque son o centro cultural, educativo, social e
informativo máis importante das comunidades locais.
Elas han de estar abertas por vacacións ou por traballo, porque sempre son necesarias, en todo tipo de tempo e lugar.
Nelas está o patrimonio e a historia. Elas poden construír cidade lectora e declarar capital da lectura, se for o caso.
Un protocolo de actuación. Medidas preventivas. Coidados, pero tamén servizos.
Porque a xente necesita das bibliotecas presencialmente ou de xeito virtual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario