Kalandraka TV é unha canle audiovisual, unha ferramenta de fomento da lectura, un medio de comunicación cultural... e todo o que queirades engadir despois de revisar a súa "programación".
Podemos ir revisando as diferentes seccións, dende os booktrailers das novidades ao Sen fronteiras onde se recollen novas internacionais, pasando por Contos contados para ver na casa, Crónica coas súas reportaxes, Atelier coas visitas aos obradoiros dos ilustradores/as, Actualidade coas súas miradas, Contar e cantar, Onde habitan os libros nun percorrido polos seus lares, Puntos cardinais coas referencias do libro infantil, Dúas olladas co encontro entre autoría e ilustración, Libros para soñar coas lecturas destacadas Recomendacións e Vídeos musicais. Calquera que coñeza o libro infantil se sentirá feliz de todo o que se achega dende as suas pantallas.
Hoxe quixera determe nas contadas como esta de Olalla González de Chibos chibóns ou esta outra que fai Ana Abelenda do libro Lúa, Bea Campos de Un agasallo diferente, Paco Nogueiras con poemas de Cantarolas de Neira Vilas e Anisia Miranda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario