Libro con código QR para escoitar a música. Pakolas en Ecoralia. A lambona ecolóxica con ilustracións de Laura Romero, promovido por CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). Unha obra a dúas mans na que el pon a idea e a música e ela as imaxes, redacción do texto e maquetación.
Narración , poesías e cancións. Ecoralia é unha meiga (coñecedora dos conxuros ancestrais) que vive nunha carballeira. A ela gústalle resolver os problemas sen empregar a maxia. Camiña recollendo o que lle gusta acomapañada por Mistín o seu lucecús cn semáforo no traseiro que se pon verde ante o saudable e vermello (tamén botando uns peidos horribles) se come algo malsán. No ultramarinos de Ramón o teixugo todo leva a etiqueta ECO de CRAEGA. Nunha visita ás tías Rosa e Mónica descobren que ocorre algo estraño nas súas hortas pois todo se está perdendo mentrres que na orta do lado pasa ao revés. Danlle a probar unha mazán desa horta e Mistín non se pode poñer máis vermello... Si, xa sabemos ao que pasa e o que haberá que facer.
Unha historia sobre a horticultura ecolóxica, os fertilizantes e antipragas, a onde van estes produtos químicos que van contaminando todo ata chegar ao mar. Tamén sabemos que non queda outra que convencer aos agricultores para manter o planeta e coidar a nosa saúde.
Media ducia de canciónse unhas ilustracións que recoñecemos coas súas cores características e as colaxes de ilustradora e música Laura Romero.
Un exemplo real deste asunto podemos velo na contaminación do Mar Menor onde os restor dunha agricultura intensiva está producindo a súa morte.
As aventuras de Joe &Fonte. Joe &Fonte múdanse a Mondaria Balneario de Aurora Corbacho ilustrado por Chimay. Así se presenta: "A
chegada da autora á vila de Mondariz Balneario procedente de dunha
cidade marcou un antes e un despois na súa vida. Froito desa experiencia
e do amor desta polos animais, do encanto da localidade, a súa
apaixonante historia e o seu importante patrimonio, xorde este libro coa
colaboración imprescindible do ilustrador que cos seus brillantes e
evocadores trazos dota de vida cada una de las escenas de esta historia
contada con moito cariño e protagonizada polos dos gatiños que conviven
coa autora".
Lúa e o paxaro de Carmen Rey Núñez con ilustracións de Paula Villar Martínez (e publicada por Toxosoutos) preséntanos unha nena con hiperactividade. Así se presenta: "
Lúa é unha nena despistada e bulebule que vive cos seus pais nunha
aldea do Barbanza e, segundo coidan na súa familia, desobediente. Raro é
o día que non a castigan no cole. A hiperactividade que padece e
ninguén lla detecta, impide que o seu maxín se centre nos estudos ou en
cousas do cotián.
Porén, grazas á axuda dun paxaro que acaba de aterrar cabo dela e
asegura chamarse don Tomás, a realidade, de aquí en diante, promete ser
ben distinta. Vexamos, pois, como se desenvolve a historia da Lúa e o
paxaro".



Ningún comentario:
Publicar un comentario