O álbums traducidos son o xénero que máis abunda. Dende que moitas editoriais seguiron a estela de Kalandraka o que máis atopamos nas bibliotecas infantís son os álbums escritos noutras linguas e versionados en galego. Estano facendo mil e unha, case todas situadas fóra de Galicia...
Por exemplo Jaguar na colección Miau que nos presenta O ladrón de follas de Alice Hemming e Nicolas Slater que na pásina da editora achega actividades ao redor do libro.
Da presentación editorial: «Será Esquío capaz de descubrir quen lle rouba as follas?» Esquío goza dun fermoso día cando descobre que unha das follas da súa árbore desapareceu repentinamente. Non está por ningún lado! Decide entón recrutar a axudado seu veciño e amigo, Paxaro, para resolver o misterio e descubrir ao ladrón." Que problema! Esquío asústase cada vez que lle desaparace unha folla, vaille preguntar a paxaro asustado e aínda que este tenta tranquilizalo á seguinte vez volve ao mesmo, busca ladróns que non o son: a rata que convertiu unha folla en barca, o picapaus que as xunta... ata que paxaro con toda a paciencia do mundo lle explica que isto mesmo lle pasou o ano pasado e que debe relaxarse, pero á mañá seguinte volvemos ás mesmas, esta vez pensa que é o esmo paxaro quen llas rouba ao ver que está a adornar o seu niño con eles. Quen rouba as follas no outono? queda tranquilo o esquí ata que chega o inverno e vai ver so paxaro asustado: "Paxaro! Alguén roubou a herba!" e o pobre paxaro suspira "Mimá!" Vai tocar comezar de novo... Nas páxinas finais do libro explícase a función do vento, o que sucede no outono coa follaxe e non só con ela (coas horas de luz, coas migracións de insectos e paxaros, coa hibernación e as horas de sono. Pero o mellor, mellor é ese despiste do esquío quer lle fai vivir algo novo cada ano, esqucer o que xa saber... e que tanto nos lembra algunha das nosas reaccións.
O ovo do sol de Elsa Beskow traducido ao galego por María Herrero e adaptado a Lectura fácil en ING Edicións.
Da presentación editorial: "Unha reedición revisada dunha historia clásica co encanto dos bosques nórdicos. Unha pequena fada que vive nun frondoso bosque do norte descobre algo extraordinario: un ovo do sol! Como chegou ao bosque? Que tes que facer para devolvelo ao seu niño? Coa axuda dos elfos e varios animais que viven no bosque, descubrirá a verdadeira natureza deste misterioso obxecto." Certamente trátase dun mundo de seres máxicos e bosques eternos, dende as ilustracións das gardas imos seguíndoos. Semella que unha rá lle conta a historia a outra que ri. Todo comeza con esa pequena fada que baila estendendo a alegría por toda a floresta, que axuda a todos devólvéndolle os ovos que caen dos niños aos paxaros ata que un día atopa un redondo e grande (para o tamaño dela) de cor do sol e pensa que realmente lle caeu ao astro rei, vaillo contar ao trasgo novo peroeste é tan divertido que lle bota unha piña así que enfadada vaise xunta Risoña, a ra que rexenta unha fonda, de alí saen tamén os clientes para observar o ovo do sol e facer conxeturas sobre se leva lume dentro, ata que chega o vello trasgo e un pimpín que lles asegura que é unha laranxa edeóstrallo facendo que proben o zume, netsas chega unha pega e lévaono pico. A fada chora porque lle roubaron a froita do sol pero o merlo promételle levala á terra do sol onde eses froitos medran colgados das árbores e así é, vai e vén igual que as aves migratorias... Ao final, cando xa non esperanos nada máis, ao pasar a páxina móstrasenos o neno que cando buscaba polo bosque amorodos silvestres perdeu a laranxa que tiña para merendar e fixo que se producira este conto sobre o ovo do sol. Unha boa historia e unhas ilustracións marabillosas, de época.


Ningún comentario:
Publicar un comentario