domingo, 22 de febreiro de 2026

Netchu. O neno momia de Boulevar edicións


Netchu. O neno momia de Baltar  Morgade Ares está publicado por Boulevar edicións.

Trátese dunha obra realmente especial, pola presentación que parte dunha cuberta que nos introduce no mundo exipcio de hai milenios coa súa estética para unhas gardas cheas de xeroglíficos e unhas páxinas con orlas (incluso entre viñetas) nas que xoga con diferentes deseños. 

Un produto magnífico dende todos os puntos de vista, desde a imaxe gráfica ao humor, dende o protagonismo desa familia de arqueólogos e momia infantil que fuxen de Exipto para residir nun mundo moi actual. Parte dunha estética Tintin para relatar a descuberta da pequena momia e a fuxida con ela a España paracontela no seu fillo. Cambia a estética, a partir dese momento, e comeza a relación con outros nenos e os estraños encontros entre ambas sociedades e tempos.

Así se presenta: "Netchu é un neno. É un neno momificado, nada menos. Foi atopado por Essam e Tahira Khaled, un matrimonio de exiptólogos, durante unha expedición á necrópole de Deir el-Bahari. Fuxindo dos disparatados plans da Universidade do Cairo, acaban chegando a España coa esperanza de darlle a Netchu a vida dun neno normal. Pero se os choques culturais son algo incómodos, os choques temporais non quedan atrás."

Completase a historia cuns textos que se titulan "Suplemento educativo para o alumnado espabilado" con información: cronoloxía do antigo Exipto, Alexandro Magno, Cleopatra, as pirámides, a esfinxe, teoloxía exipcia, o Libro dos Mortos, Xeroglíficos e a momificación.

Tres presentacións moi diferentes para un libro moi interesante que non se debe perder entra a ampla produción do mercado editorial.

Parabéns a Boulevard! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario