sábado, 28 de febreiro de 2026

Un novo premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer


O nobelo de Nenuca de Irene Alonso Gasalla e Ángela Curro foi III Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024

Da presentación editorial: "Cando os recordos da avoa comezan a enmarañarse, o seu neto decide tirar dun fío. 

Neste conto están tecidos os versiños que van levar a Nenuca á súa nenez, ou van traerlle lembranzas, evocadas polos sentidos.

Aínda que, de todos os fíos que a fan recordar, os máis importantes son a comprensión e o cariño."

Un álbum ilustrado, medio rimado, que trata a perda de memoria e a morte. Unha historia enfiada, porque as avoas traballan cos fíos e as agullas. Elas veñen de atrás, hai unha cordiña que une a familia desde hai moito tempo e que continúa no futuro. Dicimos que e a vida está sempre pendente dun fío. Dicimos que non podemos perder o fío da conversa... pero cando falla a memoria perdemos o fío da vida, de todas as vidas. Esta historia xira ao redor deses fíos que se tecen co afecto e que unen avoas e netos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario