venres, 11 de xaneiro de 2019

Dous libros moi distintos




Só teñen en común o tempo no que foron publicados.
Un deles é de autora e ilustradora galegas, con pouca obra (aínda que a autora xa conta cun premio Pura e Dora Vázquez). A historia dun mouchiño que se vai cunha gavota de excursión a coñecer a costa da morte; unha cría de moucho empeñada en vivir de día e coñecer o mundo a través dos ollos. Todo remata ben e a rapazada aprenderá algo máis sobre os animais. Chitón ata a Fin da Terra de Ángela Fernández Rey, ilustrado por Anabel Montouto.
O outro, O que eu creo (de todo) de Jordi Sierra i Fabra, traducido por Carlos Acevedo para Factoría K. Trátase das reflexión inmorais de Xavier Piñeiro Traba, segundo se nos di na portada. Unha maneira diferente de contarnos unha historia en primeira persoa e facelo con todo o oficio e bo facer deste autor.De maneira rápida e áxil, con poucas palabras, xogando a xustificar o texto dun lado ou outro segundo se sinta, numerando os capítulos... Comeza:
"UN (OLA)
non son un escritor.
Pero escribo.
Porque todos sabemos escribir.
E se lle contas o que che pasa a un papel...
Se es capaz...
non vas ter necesidade ningunha de ires a un louqueiro.
Por iso escribo isto.
Porque podo.
Necesítoo.
Sinto que me libera.
Iso si: xa veremos como remata.
(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario