O lobo de area
de Asa Lind e María Elina Méndez con tradución de Antón Lado.
Unha
escrita poética para unha historia lírica. Unha nena vive cos pais nunha
casa á beira da praia, cando se aburre baixa á area e alí atópase co
lobo de area. Conversas marabillosas.
Leamos o final para descubrir a
tmosfera:
"A
avoa chiscoulle un ollo a Zackarina, agarrouse ben ao bastón e comezou a
andar para a casa.Zackarina correu en sentido contrario, cara ao mar e
onda o Lobo de Area. Aínda seguía deitado na area, deitado coma unha
toalla ao sol.
-Coñeciches a alguén que se hamase Brita? -preguntoulle-. Hai moito tempo, moito, moito tempo atrás?
-Por suposto que coñecín a Brita -dixo o Lobo de Area-. Pero non foi hai tanto tempo.
-Ela era a avoa da miña avoa -dixo Zackarina.
-Xa o sei -dixo o Lobo de Area-. E ti es a súa tataraneta.
-Ela era unha nena -dixo Zackarina-. A pesar de ser aínda máis vella ca a miña avoa vella. Podes imaxinalo?
-Si, claro que podo -dixo o Lobo de Area-. Pero podes imnaxinar que tamén ti es unha avoa vella. Aínda que polo momento...
Zackarina
non oíu o último, porque xa marchara e estaba intentando alcanzar á súa
avoa engurradiña e que camiñaba co seu tac, tac. Pero o Lobo de Area
quedaba deitado ao sol, cos ollos pechados e pensando na pequena
tataravoa Brita e na vella tataraneta Zackarina, e nun colar coas perlas
máis fermosas do mundo. Un colar que non remataba nunca."
Unha ilustracións, tan evocadoras coma o texto, especialmente as da nena e a paisaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario