Unha
distopía na que a auga xoga un papel fundamental, será o ben máis
prezado, a moeda de cambio, o que te acompaña sempre para dicir cal é o
teu estado
Catro partes: A
Colmea, Utopía, Grandes esperanzas e A Odisea. Cada unha delas
introducida por un texto magnificamente escollido arredor da auga, desde
o do humorista Perich "A bebida máis perigosa é a auga: mátate se non a
bebes", pasando polo biólogo Paul R. Ehrlich "Hai substitutos para o
petróleo, non hai substitutos para a auga doce", o secretario xeral da
ONU Ban Ki-moon "Un dos problemas máis alarmantes que encara o mundo de
hoxe é conseguir suficiente auga potable para todos os habitantes do
planeta (...). Con demasiada frecuencia, onde fai falla auga, o que hai
son armas" para chegar ao investigador Jacques - Yves Cousteau
"Esquecemos que o ciclo da uga e o ciclo da vida son un mesmo". Somos
auga, o planeta é auga por iso cando o Gran Cataclismo o que queda ao
mando é o dono das fontes que os converte a todos os demais en escravos.
No ano dous mil catrocentos e moito a ditadura voltou porque a
democracia ten fin cando non acaba de responder aos intereses dos máis
poderosos, tal como se está a ver na literatura e na realidade.
Unha boa novela que pode dar para ser continuada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario