Tes catorce dezaseis de Rocío Leira, publicada na colección Fóra de xogo de Xerais, foi finalista do premio Jules Verne.
Presentación editorial: «Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o
profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá
que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están
a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha
enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver
os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes
cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse
cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte
da historia das matemáticas. Comeza o xogo!"
Como en calquera novela negra... a historia non é o que parece, o asasinato perfecto é o que dirixe a investigación e a culpa cara a un asasino falso e a inocencia está cargada de crueldade. Unha historia plagada de enigmas matemáticos que espertan as ansias por xogar e seguir xogando. Unha historia situada no campus compostelán que seguimos dende a biblioteca Concepción Arenal á facultade de matemáticas, o comedor universitario ou a comisaría. Pode ser unha entrada á clases de lóxica matemática, pero sobre todo vai ser unha incursión ao mundo negro da tolería e os xogos detectivescos, á personalidade humana e as súas debilidades.
Da autora de Universo Pitágoras, especialista en matemáticas que pode levar con moi bo tino as historias a ese campo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario