Pablo Otero publica en Facoría K Rizomas: Parece unha formiga
Coñeciamos o autor como ilustrador de obras como A raíña de Turnedó, Contos ao teléfono, A cociña de Toto Murube, Mateo, O príncipe das sombras, ABCdiario, Rato Pincho, Deseñadora de hora en hora...
Di a presentación editorial: "Poético,
enigmático, reflexivo, ás veces transcendental... Este libro de textos
ilustrados quere contigo, na túa carteira ou no teu peto, respirar o
aire que respiras, ir ao ritmo dos teus pasos, mimetizarse coa túa pel". O autor defíneo como unha gran pregunta.
Unha cata:
Ser un xesti.
Un xesto pequeno que presta mirar.
Como cando ti recolles o cabelo
e eu penso en madeiras.
E hai unha fogueira no mar con xente
que baila baixo os astros.
E, nese intre, podería sentir a noite dos minerais,
sentir os ósos da balea dende o interior.
E ver o mundo como foi hai oito mil anos,
hai dezaseis mil anos,
hai trinta e dous mil anos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario