Cantos anos de premios Compostela!
Canta felicidade de ver como se conserva unha convocatoria na que participa a institución pública (o concello de Santiago) cunha empresa privada (a editorial Kalandraka) dunha maneira tan exemplar!
Pois ben, hoxe entrégase o premio do 2018. Nesta ocasión resultou ganadora a obra: Cándido e os demais con texto de Fran Pintadela (Gran Canaria, 1982) e ilustracións de Christian Inaraja (Vic, 1972). Publícase a obra con tradución de Manuela Rodríguez, un aval indubidable.
Da obra deixou dito o xurado: valórase o tratamento da diferenza e da diversidade, a mirada dun mesmo cara aos demais, e dos demais cara a un mesmo (...) a contemporaneidade da linguaxe e da universalidade temática, o seu estilo directo, coherente, circular e a súa riqueza gráfica, próxima ao deseño actual"
Texto de Fran Pintadera: licenciado en Psicopedagoxía, diplomado en Educación Social e técnico superior en Integración Social. Narrador oral, director de teatro social e escritor de literatura infantil. A súa obra foi seleccionada pola FGSR e a Fundación Cuatrogatos. En 2017 recibiu o XIV Premio de Poesía Infantil La Luna del Aire.
Ilustracións de Christian Inaraja, ilustrador editorial (con máis dun centenar de libros publicados) e ao cartelismo, colabora como debuxante en varios medios especializado en público infantil. É codirector do Festival Europeo de Curtametraxes de Reus, coordinador do departamento de ilustracións na Escola de Arte ILLA de Sabadell.
Cando te sentes raro, incomprendido... cando non entendes aos demais; cando tentas pasar desapercibido pero tampouco queres ser invisible; cando te sentes único... pero non es ti só, o que agora pasa ao teu lado pensa igual, porque o mundo é un lugar complexo formado por un pachtword no que cada unha de nós é singular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario