Unha boa publicación de banda
deseñada que imita un vello libro de pastas duras e lombo do coiro. Debuxo de
boa calidade e ao servizo dunha interesante historia.
A presentación editorial explícao
moi ben:
“No
ano 1870 realízanse varias reformas na Torre de Hércules. Durante eses labores
atópanse unhas vellas táboas de madeira escritas polo arquitecto do faro. Isto
revelará un segredo ancestral relacionado co lendario líder castrexo Breogán e coa
antiga cidade de Brigantia. O poeta Eduardo Pondal e o intrépido bandoleiro
Antón Dedo d´Ouro coincidirán nesta perigosa aventura, enfrontándose a un
sinistro grupo de carlistas e membros da igrexa que agochan algo en relación co
descubrimento. Conseguirán Pondal e Antón desentrañar o misterio da tumba de Breogán?”
A Coruña, a torre de Hércules lembrando a Ith e o
pai, Breogán.
Pondal, Murguía e Pardo Bazán formando parte da historia.
O carlismo, representado por uns curas dispostos a todo por conseguir o tesouro para a causa ou para si mesmos.
Un bandoleiro, traendo todo o romanticismo, colgado do pano que leva á cabeza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario