A avoa gánster de David Walliams, con ilustracións de Tony Ross, traducido por Moisés Barcia e publicado en Sushi books.
O autor, un humorista británico, conta xa con outro superventas tamén traducido ao galego O rapaz do vestido.
Nun e outro caso, estamos ante un escritor que acude aos sentimentos máis básicos e situacións máis inocentes, nesta obra, preséntanos a Ben, un rapaz de once anos que ha de quedar coa avoa cada noite de venres mentres seus pais ven programas e espectáculos de bailes de salón. Non se sinte querido por eses pais incapaces de pensar nel ou de respectar o seu desexo de ser fontaneiro, non lle gusta a avoa: unha vella que cheira ao repolo que un día e outro lle dá de comer, que bota peidos (non se sabe se querendo ou sen querer) e coa que unicamente xoga ao Scrabble. Todo cambiará cando descobre que a avoa non sempre foi vella e é unha ladroa de xoias. Con ela planificará o roubo das xoias da coroa na Torre de Londres... e vivirá experiencias que ha de lembrar toda a vida, pero ademais descubrirá o afecto e a dor da perda.
E porque todo remata sendo feliz cando cambias a mirada... o final valerá a pena.
En O rapaz do vestido atoparemos outra historia con elementos comúns a esta: ese rapaz, Dennis, vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida,
nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións.
Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos,
as cousas non volverán ser iguais. Desa maneira será ,libre de ler as revistas de moda, vestir a roupa que deseña e cose a súa amiga e recibir a solidariedade dos compañeiros e profesora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario