Hai uns meses o novo goberno mexicano sorprendíanos coa destitución / dimisión de Daniel Goldin como director da Biblioteca Vasconcelos. Así o explica Juan Villoro: "O seu prestixio rebasou o marco da la
lingua española de forma que o autor e inglés Anthony Brown lle dedicou un dos seus libros.
Despois de traballar no Fondo de Cultura Económica, de crear a mítica "A la orilla del viento", Goldin dirixiu en editorial Océano unha colección sobre a cultura da letra. Volveu a ser pionero e convenceu aos autores
para escribir libros que non tiñan pensado facer. No prólogo a Una infancia
en el país de los libros, a antropóloga da lectura Michèle Petit confesa que a súa
autobiografía como lectora foi unha idea
de Daniel Goldin" pois creou proxectos nacionais como Red de Animació a la Lectura e a colección Espacios, tamén o fixo co selo Océano Travesía dedicado á LIX dentro da editorial Océano, formou parte da Encuesta Nacional de Lectura do Goberno Mexicano, fundou o selo Abnracadabra dentro de ediciones Serres... O seu papel na formación de lectores e lectoras é recoñecido a nivel internacional, pero iso non impide que en calquera momento alguén rache esa carreira por razóns inconfesables e deixe orfo ese campo. Grandes referentes que poden perderse por unha decisión política se non hai unha sociedade civil que o impida, que busque outras maneiras de darlle apoio á seu labor
Ningún comentario:
Publicar un comentario