Macedonia de versos. Concha Blanco aos versos e Nidia Nokonoko nas ilustracións. Na edición: Aira das Letras
Poesía infantil co tema das froitas... Un pracer, ir descubrindo a
riqueza froiteira mediante versos e unhas ilustracións
evocadoras e moi divertidas... Amais de lírico é informativo xa que
permite que as crianzas aprendan os nomes das froitas en galego. Poemas sobre unha froita determinada ou sobre un conxunto
Conta con caderno de actividades para o seu aproveitamento didáctico e unhas ilustracións realmente moi boas. Un libro recomendable!
Música e memoria. Tres xeracións. avós, pais e netos: unha nena e o seu irmán. Un segredo. Un repaso pola música do século XX e unha mirada á memoria histórica, aos anos da guerra e a posguerra, da Ditadura e a actualidade, na que seguen a pesar as cargas do pasado. O mellor da historia, como sucede nestes casos, o entendemento entre avós e netos, esa necesidade de saltar a primeira xeración para vincularse coa historia familiar a través dos obxectos que sempre están nun faiado e nos van levando paso a paso polos tempos e as lembranzas. Un bo percorrido por figuras musicais que aínda están entre nós e podemos aproveitar para coñecelos, porque están vivos, aínda que non saian no Luar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario