Club de lectura no IES Agra de Raíces
A literatura infantil boa é tamén a mellor literatura para adultos.
Para Eliacer Cansino, escritor sevillano de obras infantís e autor galardoado por medio dunha das educións da Feira, a clave para conseguir ese oco nas librerías e captar o interese dos lectores reside en "non presupoñer que existe un mercado editorial ao que hai que dar unha resposta concreta" pois iso conduce ao uso de " clichés e simplificacións" e en última instancia acaba provocando "unha falsificación da literatura". Pola contra, "o escritor debe guiarse por aquilo que lle suxire a súa vida interior e a súa necesidade de expresión" e a partir de aí deixar que "sexan os lectores quen descubra e aproben o seu traballo".

Pola súa banda, o chileno Luís Sepúlveda, autor de contos "para todas as idades" como Un vello que lía novelas de amor e que regresou agora ás librerías con Historia dun can chamado Leal
opina que "o que fascina tanto a mozos como a maiores" son "historias
cativadoras" que teñan detrás "grandes valores como o sentido do
respecto, o compromiso que se contrae coa palabra dada, a necesidade de
protección do máis débil, un afán de xustiza... Eses son os pousos que
deixa a literatura e tras os cales ninguén pode permanecer impasible".
Cómpre lembrar aos adultos que "literatura infantil é aquela que tamén
interesa aos nenos. Quere dicirse que, primeiro, ha de importar a todos.
E, só dun modo particular, aos alevíns da tribo", tal e como Antonio
Rodríguez Almodóvar definía no pregón inaugural. Neste sentido, Sepúlveda
confesa que é "tremendamente difícil" escribir unha obra que sexa
interesante para todos os públicos. Pero, contrariamente ao que podería
parecer, o chileno non ve a complexidade nos lectores máis veteranos,
senón nos que teñen poucos anos, pois "son máis esixentes. Gústanlles as
historias directas, sen ambigüidades, pero que utilicen unha linguaxe
moi poética. En combinar ambos os elementos, aí está o verdadeiro
desafío", sentencia o autor.
Apúntase, o secreto para que os mozos e mmozas lean máis, mellor e con pracer : unha boa mediación dos pais e todo tipo de mediadores. Non hai outra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario