A túa historia de Kathryn Strobel nos textos e Vanesa Álvarez nas ilustracións. Ilustracións xeométricas, case de pop art nas que pouco a pouco van aparecn imaxes máis figurativas. Un verdadeiro exercicio de estilo.
"Esta historia é só túa, para que aprendas como chegaches, como baixaches da lúa… e chegastes a nós". É a historia de como unha estrela baixa do ceo co permiso da lúa para converterse nun neno, porque os pais a pediron con tanto amor... tanto amor que non se lles podía negar. Historia rimada en cuartetas. Publicado por Galaxia
Animalia. 2. Branco de Xosé Tomás publicado por Xerais. Trátase da segunda entrega dun proxecto no que por medio do humor e a través do cómic ou humor gráfico para pequenos e pequenas se annima a que busquen a semellanza sobre o comportamente dos animais e os homes. Separándose, relativizando, animalizando para que non resulte tan forte, pero non é nin máis nin menos que crítica. Neste caso céntrase nos animais dos polos, dos brancos de neve. Moitas páxinas teñen unha soa viñeta a diferenza da prinmeira entrega Animalia.1.Verde na que se presentaban todas con tiras. Uns materiais necesarios para primeiros lectores e lectoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario