O segredo do avó oso de Pedro Mañas, con ilustracións de Zuzanna Celej e tradución de Manuela Rodríguez, está publicado por Kalandraka.
Cando o avó Oso espertou, pasado o inverno, busca o segredo que gardou pero non o dá atopado. Mamá Corvo axúdalle... ata dar con el.
A natureza entra polo álbum recollendo as cores que van do branco invernal ata a multiplicidade da primavera. Debuxos a lapis de cor, acuarela e apliques de papel de texturas diversas achegan a natureza ocupando as páxinas.
Cornelio de Leo Lionni, traducido por Xosé Manuel González. Cando nacen os cocodrilos, un deles é distinto, empéñase en camiñar erguido, desa maneira ve o que os demais non poden. A súa diferenza tráelle problemas de comuicación cos demais, por moito que se empeñe en explicarlles, eles non o atenden. Vaise. No camiño atopa a un mono que lle mostrará o que el sabe facer... Cornelio non para ata aprender e volve a contalo... daquela darase conta de algo. Colaxe e manchas de cor ilustran esta historia de superación. A diferenza, pero tamén a perseverancia, o afán por aprender e mellorar fanse presentes ao lado da incomprensión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario