xoves, 1 de outubro de 2020

Algúns programas sobre libros nas cadenas estatais

Página Dos de La 2. O mellor do magacíns divulgativos sobre o mundo dos libros. Presentado e dirixido por Óscar López, resulta ameno, entretido e próximo de forma que tanto o lector habitual coma o ocasional atopan a información necesaria para satisfacer as súas demandas. Neste enlace pódese accederao programs xa emitidos. 

Convénzeme de Mediaset, con Mercedes Milá, entrevistando a lectores/as  que tratarán de convencer á presentadora para que lea (ou se lean) ou non,  determinados libros. Procuran persuadilos mediante as historias literarias que marcaron dalgunha maneira as sáus vidas, analisando a traxectoria dos seus autores, as claves das obras e expondo en primeira persoa os sentimientos que lles gerou a súa lectura, todo iso ao longo dunha conversa áxil e relaxada. Unha ‘Z’ verde para recomendar un libro e unha ‘Z’ de vermella para desaconsellalo. " Z, no título e nas tarxetas, en homenaxe a Stefan Zweig, o escritor austríaco que contruíu lectores/as coas súas obras, que viviu as dúas Guerras Mundiais e acabou suicidándose, ante la impotencia fronte ao mal, ante la incapacidade dos seres humanos para aprender da dor e do horror”, explica Mercedes Milá. E a nós fainos pensar na actualidade, nestes tempos de pouco sentido común e moito insulto e chiste en twitter, na falta de autoridade moral e ética. Un tempo para que poda suceder calquera barbaridade. A ver se os libros poden axudar... enlace

Mil palabras &+ de Cuatro, é un programa de información sobre as tendencias culturais sobre libros, autores/as, exposicións… cunha duración de de poucos minutos. O seu  enlace



Ningún comentario:

Publicar un comentario