Un título para lembrar Lobo Ramón. De María Canosa e publicado en oqueleo con ilustracións de Nuria Díaz.
Unha historia para contar porque nos chega con ese ritmo que vén da oralidade e vai dereitiño á mellor narrativa.
Darlle a volta ao conto, porque... "Había una vez / un lobito bueno / al que maltrataban / todos los corderos". Si, era o estereotipo que había que rachar, porque os malos non o eran, ou non o eran tanto, ou non o eran todos. O lobo de Carapuchiña quixo enganala e fíxoo, pero a nena aprendeu e doulle da súa menciña.
Entre a manda, sempre hai unha ovella negra e este é o lobo Ramón.
Un lobo ao que "non lle gusta nada a carne, nin asustar xente, nin a escuridade, nin aparecer nos contos con sona de malo". Gosta da tranquilidade, dos paseos e as flores; é romántico e presumido, ata o punto de vestir faldas de sevillana con lunares, volantes e puntillas; incluso tentou estraños peinados e zapatos de tacón. O lobo Ramón adora, libremente, todo aquilo que racha o estereotipo. Vai á escola e todos os compañeiros e compañeiras están felices con el ata o punto de que a nai lavandeira rabilonga lle fai un mandilón para que se lle vexa igual aos demais.
É amigo do coello Dosindo que ten un bar restaurante no monte co que chegou ao acordo de facer de camareiro a cambio de que comer os seus deliciosos pratos, do elegante raposo Pancho que o coida porque foi médico... Grandes amigos que se preocupan uns polos outros, por iso, cando o lobo Ramón vai á vila a mercarlle unha estilográfica a Pancho ao volver atopa carteis coa súa imaxe porque o andan a buscar, é o que ten marchar sen avisar, o reencontro é marabilloso, como foi atopar ao libreiro e ao seu fillo, un par de amigos novos.
A oralidade; o humor blanco; a reivindicación da diferenza: o gusto pola paz, a cultura e as cousas que poderiamos pensar son femininas; o valor da amizade; o espazo da libraría e a súa xente, esa que di: "O que máis me gusta dos libros é que nunca sei o que vai pasar neles. Ábroos e déixome levar. Cando chegaches por esa porta, fixen o mesmo, como se foses o lobo dun conto, o das aventuras do lobo Ramón"...
Hai casualidades. Lobo Ramón / Ramón Lobo, reporteiro de guerra e analista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario