Na páxina de GALIX atopamos un Padlet: GALIX. Recursos con moita LIX para ficar na casa.
Galix tamén recolle o seu Concurso "Un poema na túa voz" polo Día do Libros Infantil e algún outro que aparece polas redes, coma un xogo titulado "Que animal é?" onde aproveitando as pistas imos acertando e o de Galaxia de duebuxar baixo o título "Leo na casa". Tamén podemos acceder aqui ao Xabarín, a súa canle, as cancións, os karaokes, Aventura no Monte das Artes (Gaiás) e directamente aos contos Quero saír! e Euquedonacasa, o audio do conto de Mª Victoria Moreno Xa non teño medo...
Un padlet persoal: Andel de Alexandra Cabana Outeiro para literatura en galego no confinamento
Salón do Libro de Pontevedra. Salón Virtual para tempo de pausa, con xogos, contadas, experimentos, obradoiros, música, cociña, manualidades e un cento de posibilidades.
Kalandraka tv con contos contados, contos lidos, contos cantados e mil cousas máis.
As Salas Infantís das Bibliotecas Municipais da Coruña achgan tamén moitos recurso desde gastronómicos, xogos de man pou xogos para aprender xogando, recomendacións psicolóxicas e Libros sen páxinas para comezar coa tradición oral.
O peixiño de prata, un conto de Antonio M. Fraga.
Programa de radio de Xurxo Souto. Escrita. Contos infantísPara as familias tamén teremos en conta
as revistas Tempos Novos e Luzes
O Parnaso sobre rodas de Christopher Morley en Rinoceronte
editora
Se entramos nas páxinas de autores como Héctor Cajaraville, en Anotacións atoparemos pequenas
obras e o pequeñas obras e o poemario Cordura transitoria.
Se o pensamos, un ano 2020 vinte vinte,no o que o Salón do Libro está dedicado ao humor con Italia de país convidado e as Letras homenaxeando a Carcalho Calero... non podía resultar doutra maneira, non? Pero ben está o que ben acaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario