xoves, 16 de abril de 2020

O ensaio tamén en aberto

 


Laiovento, a editora especializada en ensaio ofrece libros de balde "para axudar a levar o distanciamento social", así o conta Nós diario.
A editora galega abre a descarga dixital dos seguintes libros:
Os Borbóns: unha monarquía escandalosa de Manuel Monge pasa revista á monarquía española mediante un percorrido histórico e a análise das súas e corruptelas.
Os monos de Laxeiro recolle as viñetas que o pintor ten realizado para a prensa. O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica; o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.
A saúde como negocio de Pablo Vaamonde no que se recollen unha serie de artigos de carácter divulgativo que analizan as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia. Os diferentes pasos na devastación dos sistema sanitario: redución dos orzamentos, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...  enmarcados nunha corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario