sábado, 4 de abril de 2020
Finalistas Gala do Libro 2020. Iniciativa bibliográfica
Iniciativa bibliográfica
– Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago)
– Colección Pan de abella, VV. AA. (Apiario)
– Serie Animais Extraordinarios, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández (Faktoría K de libros)
O primeiro dos libros que forma parte da biografía de Castelao e que vai constar de varias entregas a pesar do "peso" real deste primeiro tomo. A biografía recollendo toda a documentación posible "para poder contestar a todas as preguntas que puidera facer súa nai" e tamén, diría eu, para dar por rematada a historia contada do creador da patria.Un empeño colosal por parte do autor, da editorial Galaxia e o Consorcio de Santiago.
A colección Pan de abella que forma parte da editorial Apiario xunto coas coleccións A abella mestra (centrada no que poderiamos chamar didáctica), Cera labrada (libros de poesía), Niño de abella (libro infantil)... Chuchamel (para obxectos) e este Pan de abella (para plaquettes). Estes produtos, igual que os de Cera labrada teñen unha edición e rematado magnífico.
A colección ou serie de Animais Extraordinarios da autoría do biólogo Xulio Gutiérrez e o ilustrador de natureza Nicolás Fernández publicado por Kalandraka, consta dos libros Bocas, Construtores, Nacer, Ocultos, Ollos e Viaxeiros. Libros imprescindibles para rapazada galega que ten un déficit inmenso de libros informativos destinados á infancia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario