Os últimos premios da factoría S.M. son un luxo. Carlo Frabetti, premio Barco de Vapor por ¿Quién quieres ser?
El di que escribe para a infancia porque mantén vivas as súas primeiras inquietudes, medos e ilusións e avoga por manter con eles un diálogo constante. Gústalle que non deixen de facer preguntas.
Sobre a dificultade de escribir para a rapazada apunta que cando o lector é adulto podes apelar á súa complicidade, usar a ironía, os dobres sentidos esixíndolles que completen o libro coa súa propia experiencia, pero cos pequenos non podes dar isto por suposto, has de ter coidado en non crear equívocos e non decepcionar certas expectativas. Este é un libro que mira ao futuro falando do cambio climático, a muller, a tecnoloxía (especialmente a intelixencia artificial) porque os lectores e lectoras van a herdar o mundo que nós creamos e van ter a responsabilidade de corrixir os nosos erros e de atopar o propio rumbo; porque, parte de que para entender o presente e preparar o futuro hai que coñecer ben o pasado; mirar ao futuro cos pés no presente e coa memoria ben nutrida polos logros e erros do pasado.
No libro prodúcese unha relación interxeracional que el considera esencial, entre a nena protagonistas e un científico xa maior. Opina Frabetti que o feito de que a rapazada teña acceso aos anciáns da tribo, e tamén, que aos anciáns no se lle envíe aos "olvidadeiros" cando aínda poden achegar algo á sociedade é bo, moi bo.
Canto nos alegra recuperar a este autor de ficción (que non escribira nada infantil dende o seu último libro, tamén premio Barco de Vapor, Calvina) experto matemático, que é tan sincero como para volver a vista atrás e dicir que dende moi novo soubo o que quería facer pero non tanto quen quería ser. So dende esa autenticidade se pode tratar coa infancia e recomendar o diálogo cos nenos e nenas, escoitalos para saber o que necesitan e descubrir ese libro que lles pode cambiar a vida (o que dende sempre os está buscando).
Información que se agradece a 20 minutos e Mirentxe Mariño
Ningún comentario:
Publicar un comentario