As aventuras xacobeas de Simón Martel. Camiño de Santiago escrito e debuxado por Fausto e publicado por El Patito editorial.
Da presentación editorial: "Simón Martel - a heroína máis lonxeva da historieta galega- pon as botas e a mochila para vivir unha dobre aventura no Camiño de Santiago: do Cebreiro a Compostela e de alí a Fisterra/Muxía, acompañada polos seus inseparables amigos e novos personaxes que lle irán mostrando que este itinerario vai moito máis alá da peregrinación."
Dous rapaces de instituto viaxan cos tíos dela. Cada un leva consigo na mochila a súa personalidade, el queixase e semella que sempre vai á forza, ela móstrase leda e animosa. O camiño está cheo de xente diferentes, de calquera país e civilización, de diferentes idades, con diversos intereses pero sempre acompañando, sempre botando a man que se precisa. Un cómic clásico e lineal coma o camiño que percorren os seus personaxes. Os debuxos que vai realizando Brais, as fotografías para o instagram, o mapa con todos os camiños en Galicia e a imaxe final con todois os personaxes e algún máis enriquecen o relato.
Astro Rat 6. Novas do espacio. Un tebeo escrito e debuxado por Fermín Solís publicado por El Patito editorial.
Preséntase así: "Astro Rato e a súa tripulación viaxan ata afastadas galaxias para vivir as aventuras máis sorprendentes: o mesmo loitan cunha planta que se enfrontan a un verme alieníxena... Calquera cousa pode pasar no profundo do espazo descoñecido!"
Este é o sexto título da serie de Astro Rat, despois de Parece que orballa, A chegada de Astro - Polo, Patacator cocido!, O planeta Peperete e Retorno a unha terra descoñecida. Uns personaxes estrafalarios que tanto poden ser animais como extraterrestres, cousas ou unha pataca andan polas viñetas. Varias historias, a primeira delas é a que ten como protagonista a Patacator, unha baloca que naceu no planeta Pataca e no sistema solar Tubérculo, cando son invadidos por outra raza con malas intencións levan a todas as demais e queda el só no planeta e fuxe nunha nave como polisón, alí descubre un ximnasio de loita libre no que empeza a traballar facendo a limpeza e aprnedendo mentres traballa de tal forma que o día que un dos loitadores sofre unha lesión apúntase a adestrar co outro e mentres el vai subindo na escalafón, Camilo o Temible segue no chan chamando para que lle acudan en cada plana e no medio de todas as historias.
Inverno na selva. Unha aventura de Amorodo e Menta xira ao redor deses dous caramelos ou gomas desas cores que so enganados por Caca.
Estraña flor relata o perigo que corren cando recollen unha flor que non coñecen e que os ataca e a maneira na que deciden defenderse e como o fan tamén do verme xigante. É o que ten andar por planetas distintos ó propio... E mentres tanto Camilo o Temible pedindo unha ambulancia. Historias sinxelas con estraños personaxes dirixidas ás criaturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario