Hai libros especiais, un deles é Vila Paspán de Rodrigo Cota & Fernando Tomé que presentan como cómic aínda que eu o vexo a medio camiño etre este e o libro ilustrado. Ambos creadorescoñecéronse na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético, un como profesor e o outro como alumno. Cóntannos que o ilustrador ten unha discapacidade visual dun 53%, e que interactuaron moito facéndose moitas suxestións un ao outro e presentan así a obra: " "Vilapaspán é unha aldea, moi inclusiva, onde habitan unha serie de
personaxes moi particulares (...) Aquí contamos a historia de
dous deles. Un é o Señor Ingrávido, un tipo que flota como se fose un globo de helio e
que vai trasladando unha meniña cunha corda ata que nunha desas se lle
solta. E outra é Martiña Martelo, que é unha muller que arranxa as
cousas rompéndoas". Os habitantes de Vilapaspán teñen a súa orixe nun catálogo de personaxes
creado polo ilustrador , arredor dos que
despois Cota construíu historias. Tras contar a historia dos dous primeiros veciños da vila, aspiran que o proxecto teña continuidade, pois xa teñen o seguinte protagonista un gnomo que é astrónomo e recibe o nome de Astrognomo.
Moito de absurdo. Unhas ilustracións moi orixinais, cun estilo moi propio, para unha historia verdadeiramente atrevida cos seus toques fantásticos e humorísticos. Un bo libro. Agardamos que teás continuidade como piden os autores.
As aventuras de M&M. A mansión misteriosa de Marcos B publicada por Demo editorial.
Así se presenta na páxina de Tebeosfera: "Unha aventura para público infantil e xuvenil chea de diversión e misterio no máis puro estilo da BD francófona. Sen dúbida un novo descubrimento para a BD galega." Unha parella vai pasar unhas pequenas vacacións á aldea. El ten unha casa pero ao chegar descobren que está en estado ruinoso. Ademais chove... Nin siquera poderán visitar os lugares de interese da zona, ou si? todo é cuestión de probar: a praia, o faro, a casa misteriosa... Un encontro fortuíto cunha moza que confunden cunha serea (porque anda a tentar salvar un delfín) levaraos a esa casa chea de misterios segundo lles contan. Alí pasarán unha noite en vela. Quedan de verse ao día seguinte pero ao non conseguir contactar coa herdeira da casa deciden ir investigar e atoparán cousas, si, non as que esperaban pero outras si... Diso trata o cómic, de medos e desconfianzas de misterios e enigmas, de herdos e tíos que desaparecen sen deixar rastro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario