Unha
nena, Isela, que vive en Cidade Clara cos pais e o avó.
Pequenos
relatos, moi imaxinativos e humorísticos. É o humor de Pinto e Chinto, o que
aparece nos pequenos textos como Minimaladas onde este xoga cunha fantasía a
proba de bomba. A cortedade das narracións busca finais sorprendentes; as
ilustracións non destacan. Neste caso a historia está centrada na vida da rapaza contada en
terceira ersoa, a súa familia e a casa, a escola, o lugar onde vive, a
natureza... Un exemplo titulado clase de ciencias: "Ás 11 e media da mañá
Isela tiña clase de Ciencias. Naquela clase, o profesor
explicoulles que a nosa sombra é branca. O que pasa é que de andar polo chan
arrastrada vaise ensuciando, e vaise aos pouco poñendo negra.”
O neno bisesto. José Luis Alonso de Santos con ilustracións de Federico Delicado et radución de Ramón
Nicolás.
"Daniel tivo a boa, ou mala sorte, de ter nacido un 29 de febreiro. Apodado Bisesto na escola, terá que empregar todo o seu enxeño para superar unha chea de situacións inauditas, complexas e mesmo perigosas." Iso nos vai contando, en primeira persoa e con humor, como se llo contara a un amigo invisible, con toda a inxenuidade. Unha boa historia!
As ilustracións, no estilo do artista e con calidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario