Queres ler un libro comigo?
Escrito por Lawrence Schimel e ilustrado por Thiago Lopes. O neno vai
preguntando quen quere ler o seu libro con el, todos teñen traballo e
pospoñen a lectura, só quedou sen ser preguntado o cego e xustamente el é
que está disposto a que llo lea. Porque non hai quedar nada por
suposto, porque compartir unha lectura enriquece o libro e a nós, porque
nos dá ideas para acerca de próximas lecturas, porque un libro sobre
libros sempre é boa cousa...
Quero peixe! de Áslaug Jónsdóttir con tradución de Lawrene Schimel coa supervisión de Quique Alvarellos. Por inesperado non o cren ou simplemente non a escoitan. Érase unha nena que quería peixe e así o berraba, a cambio, os adultos íanlle agasallando libros sobre peixes, bonecos que representaban peixes, debuxos, roupas con peixes pintados... ela insiste e cando por fin caen na conta de que quere comer peixe, todos sobn felices e ela máis que ninguén.
Na colección Verdemar, Alvarellos conta con dous libros en galego orixinalmente, o de Helena Villar Contos do sol e da lúa que resultou ganador do premio Frei Martín Sarmiento 2017 e consta de sete contos que defenden os valores cívicos (solidariedade, igualdade, integración das diferenzas, coidado do medio natural) e no que as historias fantásticas alternan coas realistasmo.
O outro libro, escrito orixinariamente en galego, é A raíña das tortas de Alex Mene con ilustracións de Blanca Crespán; un neno que cociña repostería coa nai e practica aquilo ao que se quere dedicar cando sexa grande: a electricidade.
Recollemos da presentación editorial:
"Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por
Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca
ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados
dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun
universo colorido e simbólico moi moderno.
No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas.
Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa
orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser
protexido. Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o
ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades."
Ningún comentario:
Publicar un comentario