An Alfaya conseguiu o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil Galega con O Grupo, unha novela xuvenil que presenta este texto na contracuberta "Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto físico, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador?
Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes qiue viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, máis a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito trestemuñal amosando a súa vulnerabilidade.
Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.
Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya"
Pode ser que teña unhas gotas de "boísmo" que non acostuman aparecer na vida real, pode ser que responda directamente ás necesidades de atención á diversidade e desigualdade que andan a pairar entre nós, pode ser... pero seguramente prende nos lectores e lectoras; atende aos máis vulnerables, facéndoos máis visibles e enfrontándonos a esas situacións que andan polas mesmas rúas pedindo a berros un pouco de atención.
A novela está publicada por Xerais na colección Fóra de xogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario