Vén a conto que agora lembremos a Carvalho
Calero que publicou dous libros de teatro: Teatro completo e Catro
pezas. En Catro
pezas de 1971 aparecen A sombra de Orfeo, Farsa das zocas,
A arbre, Auto do prisioneiro) e en Teatro completo as mesmas e a
maiores O fillo e Isabel. Tamén ten escrito ensaios falando
de teatro como Teatro
Nós ou Escritos
sobre teatro. ao que se pode acceder directamente na edición dixital.
Lálase tamén na BVG dunha conferencia
"Sobre o seu teatro" ditada na Sala Luís Seoane da Coruña o dia
30-5-1983, con motivo da apresentación dos dous primeiros volumes dos Cadernos
da Escola Dramática Galega.
E, sobre o teatro do mestre ten escrito Henrique Rabuñal en Adiante.Neste estudo aparece citada outra obra titulada: Os xefes.
Sobre Carbalho Calero e máis próximo a nós a obra de Héctor Cajaraville:
Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, na que -tal como
comentabamos na entrada
correspondente, introduce sete pezas nas que recoller escenas da vida do autor;
dicíase así: "Neste caso, ademais do texto expositivo, o listado de
recoñecementos, a recollida da obra publicada e a cronoloxía que pon en
relación cos acontecementos mundiais, engade sete pezas teatrais que recollen
momentos moi especiais da súa vida e ao tempo recoñecen esa querencia e afición
polo teatro por parte do autor homenaxeado. Lembremos que de neno se supón que
asistía ao teatro Jofre (preto da súa casa ferrolá), foi alumno de Comellas
Coímbra que acada sona como dramaturgo, dirixe ao grupo de alumnos/as de teatro
no colexio Fingoy organizando as veladas teatrais, escribe dramaturxia... Por
iso, Cajaraville lle dedica esa ofrenda detida na morte da nai, no paseo pola
alameda compostelá da man de García Sabell, Fraguas e Cunqueiro; a despedida da
muller en Lugo camiño de Madrid, no cárcere andaluz, dirixindo o teatro no
Fingoy, no día da despedida na universidade e o día da morte despedíndose da
familia."
Ningún comentario:
Publicar un comentario