Falando de teatro, é a hora de lembrar a aqueles que
escribiron teatro e nolo legaron directamente, sen nada a cambio, na BVG (esa
páxina que fala da falta de xenerosidade ao quedar parada e da que agardamos que
alguén se faga cargo -se lle deixan-). Por se alguén non as atopa, imos alá!
P Sempre enteiras, aínda que podedes probar a catar anaquiños doutras...
Para a infancia unha marabillosa obra de X. Agrelo Hermo: O cartafol de Ruperto e Auto de Entroido de Manuel Lourenzo González (premio O Facho).
Para adultos, tedes a de Xoán Bernárdez, O valedor do reino; o monólogo para inventar o amor de Fernández Naval, Non se che faga tarde; Quase toda a verdade sobre os Outeiros do Inferno de Joel R. Gómez; O reino de atrás de Manuel Lourenzo e Noitebra de Euloxio R. Ruibal.
..... Porque todos e cada un dos días son válidos para
o teatro!
(Continuará, porque todos os dçias son dçias de teatro, na casa (léndoo; representándoo de todas as maneiras posibles: lido, representado con actores e actrices ou con bonecos e asistindo ao teatro. De todo isto nos fala Paula Carballeira no seu Manifesto polo Día Mundial do Teatro que pdoemos ver na páxina de GALIX, igual de algunha que outra sorpresa)
VIVA O TEATRO!!!!
VIVA O TEATRO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario