Presentación editorial: "Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de
rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu
soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido
está reservado para os homes. Con todo, a sociedade coruñesa da época
foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a
reivindicación e o exercicio dos dereitos profesionais das mulleres:
Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova... (...) Nese contexto, apoiada pola
súa compañeira Herminia, a linotipista, e tamén pola súa amiga María
Barbeito, Elvira Morales ten que atopar o seu futuro. (...) Unha homenaxe ás pioneiras que abriron
camiño."
Un libro necesario: a ficción dun tempo e das mulleres que deixaron unha pegada que o Golpe de Estado borrou e só moito tempo despois se vai descubrindo. Mulleres que acompañaron o camiñar pola liberdade dos homes que foron compañeiros. O tempo no que Emilia Pardo Bazán vivia en Meirás, no que a pedagoga María Barbeito poñía en pé os seus soños, no que Fanny Garrido escribía e traducía compartindo co seu home Marcial del Adalid poemas que el musicaba, no que Sofía Casanova se estreaba como primeira muller correspondente de guerra no estranxeiro, no que María Miramontes cosía para o máis granado da sociedade soruñesa, no que Elvira Vao militaba nas Irmandades da Fala, no que Amparo López Jeán estableceria relacións con César Alvear para posibilitar a saga dos Alvear López con continuarían a labor a pro dos republicanismo, no que Francisca Herrera se preparaba para ser a primeira muller en acceder á Real Academia Galega, no que Filomena Datoescribía e defendía o papel da muller, no que a pianista Eugenia Osterberger compoñía magníficas pezas, no que María Dolores del Adalid pintaba ou no que Carolina Otero acompañaba príncipes.
Porque ás veces o corazón está encapsulado, porque todo o que poidas perder xa non formaba parte do que tiñas... por todo iso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario