Mentres ti dormes da colección Demademora de Kalandraka.
Libros necesarios, sen palabras para que llas podemos poñer nós: os que lermos moito e ben e os que len un chisco menos, os que apenas poden ler palabras pero observan moi ben as ilustracións... Libros para tod@s. Libros que IBBY recolle para elaborar listados que considera necesarios.
Un concurso: SilentBook Contest (o primeiro premio internacional dedicado a libros silenciosos)
que este libro gana na edición de 2015.
Unha dedicatoria na capa interior nas catro linguas do Estado. O título en castelán (non o dou atopado en galego...
Unha historia cchea doutras historias. Un neno ao que a nai lle le un libro mentres adormece, nese libro aparecen seis personaxes animais personalizados con roupa s e xeitos humanos. Cando o neno pecha os ollos, a nai vaise na punta dos pés e o moucho ira dende a noite exterior. A cámara vaise afastando e... mentres o neno dorme os pais (ou a nai e a súa parella brindan, a noite xa é súa), fora van aparecendo os animais do libro unha moza en bicicleta, un gato perseguindo a un rato,o moucho observa; a cámara afástase outro pouco e van aparecendo os personaxes anteriores máis outros novos facendo diferentes cousas mentres o neno dorme... e así paso a paso imos seguindo a cada un deles dende o tatuador, á nai que acompaña ao bebé ata durmilo, aos que no hospital traballan ou choran ao que observa co telescopio o ceo, a que pinta... e os seis animais que paso a paso se meten nun barco e chegan a unha natureza virxe onde prenden unha fogueira e baila arredor ata facer subir esa luz e formar un sol que amanece aí, sobre o mar que acompaña a cidade na que o neno dorme, comezan a cantar os paxariños e os pais espértano para darlle a benvida ó día.
En que lingua contarán a historia as nosas nenas e nenos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario