xoves, 12 de marzo de 2020

Isabel Zendal, un novo libro arredor desta muller


Novo mundo. Isabel Zendal na Expedición da Vacina, con texto e ilustracións de El Primo Ramón (Borja Ramón López Cotelo e María Olmo Béjar), publicado por Bululú  coa cooperación da Asociación Isabel Zendal.
Cunhas ilustracións que lembran as dunha décadas atrás nas cores e formas, tentando retratar un ambiente deses principios do século XIX, e un texto asumido en primeira persoa polo fillo de Isabel Zendal, Benito.
Ese neno xa nos tiña chamado moito a atención en Os nenos da varíola cando vimos que a enfermeira que dirixía o Hospicio coa Casa dos Expósitos era nai solteira e o levaba con el todo o tempo desde esa institución á viaxe transoceánica.
Benito vainos contar, nun xogo de ir e vir, ese tempo dende que súa nai marcha da aldea ata que morre en América e, neste caso, un dos rapaces que os acompañaran, Francisco Antonio que é catedrático nun colexio de Cidade de México, a homenaxea e recoñece.  
Ela, xa forma parte desas mulleres que abriron camiños e que partindo dunha situación inxusta e cruel, como é ter que criar a un fillo soa, foi quen de poñerse ao servizo dos máis marxinais e colaborar coa ciencia.
Unha muller para non esquecer, tal como nos lembran estes dous libros citados, o Pioneiras, o Álbum de Mulleres...


Ningún comentario:

Publicar un comentario