sábado, 14 de marzo de 2020
O libro dun novo autor de poesía infantil
Baldo Ramos acaba de publicar o seu primeiro libro de poesía infantil, Porque te quero. O seu título dinos moitas cousas. Incluso o feito de falar en singular, de querer a cada un por separado, de non integralos nun conxunto senóbn querer de persoa a persoa. O texto do autor, ao final, xunto co que pode ser o último poema, falan desas razóns, deses dous nenos (nena e neno) que centran o libro, que están en cada un dos poemas e dan sentido á obra.
É o cariño o motor. Tamén a comprensión e o respecto polo outro, a consideración da súa intelixencia e sensibilidade
"O círculo das preguntas
-Cando acaba o mundo,
despois empeza outro?
(Papá dubidou)
-Pois imaxino que si,
que despois deste mundo
haberá outro que imaxino...
Quero dicir...
-E cando ese acaba,
logo empeza outro?
(Papá volveu dubidar)
Pois imaxino que non,
que despois dese mundo
non haberá outro mundo que imaxino...
Quero dicir...
- Xa, xa.
-Enténdesme, non si?
- Coido que si, papá.
Pero ti enténdesme a min?"
Eu debo confesar a miña debilidade por poemas como "Oficio de poema" que mostran ás claras esa relación co pai poeta, esa autenticidade que levamos visto en cada exposición na que é acompañado por eles.
As ilustarcións de Anxo Rodríguez moi acertadas pero remítenme a outras situacións nas que o propio autor podería facelas... quizás sexa o temor a que non resultaran infantís? pero o infantil recolle a arte en todas as súas variantes, xa se demostrou en Tinta de luz... De calquera maneira, a cuberta é magnífica! Simplemente fago o comentario ao paso.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario