No estilo de O meu gato é un poeta e do Poetíz@te.
Todo feito por Fran Alonso: o deseño, o texto, a ilustración e case a maquetación.
Xogando coa caligrafía e a tipografía, cores, tamaños...
Di que “é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía". Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes.
O poeta fai deste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e dos nenos de hoxe . El, no apartado “Escribiu e ilustrou...” comenta que o libro parte da súa reflexión acerca de que a poesía para as primeiras idades queda no convencional e está moi apegada á tradición, pero esquece que hai unha parte importante da poesía que é gráfica, é dicir, que se le coma se fose un cadro, coa vista.”, e tamén di (...) que no noso ámbito esta poesía ten dun déficit na incorporación da poesía visual e doutros achados importantes moi consolidados na poesía para adultos...”
Poesía tipográfica con elementos gráficos, elaborada a través do ordenador e da manipulación fotográfica, que ao tempo lle dá moita importancia á oralidade.
Na web atoparemos un videoxogo elaborado pola súa filla: Alma Alonso Costas. Dúas xeracións unidas pola poesía,e a lectura, sempre a lectura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario