O cartel actual de Bibliotecas Escolares de Galicia foi realizado por Minia Regos, unha ilustradorta moi nova pero con todas as cualidades que a Asesoría busca sempre neste tipo de profesionais: ter calidade, ser ilustradora e galega, recoller a idea da biblioteca que se precisa neste instante e achegar suxerencias e vías de lectura.
Conseguiuno con creces. Ese territorio das artes é unha artistada pola que se move a danza e a música, a literatura e o cine, arquitectura, pintura, escultura e todas as que nos visitan nas escolas e as bibliotecas que se precisan. As bibliotecas escolares galegas móvense por ese mundo inmenso no que información, artes, letras, ciencias, aprendizaxe,... lectura están presentes.
Un cartel para soñar o noso soño.
Un cartel para mostrar o que se fai.
Un cartel para centrar a atención nun campo determinado, porque non imos de péndulo dun extremo a outro senón seguindo unha folla de ruta.
Un cartel para facer aínda máis visible a biblioteca desde o primeiro día de clase e desde todos os lugares.
Os que anden por Santiago, poden pasar polo CSC Aurelio Aguirre de Conxo, e ver a exposición que Minia Regos ten no hall e incluso mercar algún debuxo. Bos prezos e bo traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario