O gran trofeo de Marta Comín é un album ilustrado publicado por Triqueta Verde, no que o deseño ten un papel fundamental.
A nena ganou un concurso de arte. O premio é un trofeo tan grande que tiveron que desmontalo para metelo na casa. Unha vez dentro van pensando diferentes usos con el: colgadoiro, base de mesa... ata que a nena decide que vai facer con el un monumento que presentará ao Certame Municipal onde lle darán o premio, de novo. E a nena seguirá creando...
Da presentación editorial: "Co seu estilo inconfundible, Marta Comín invítanos a mirar a arte de
maneira lúdica, nunha historia que nos recorda que crear é un xogo sin
límites e que os premios non son o final do camiño, senón o impulso para
seguir creando e explorando.
Humor, arte… E un gran trofeo!
Libro gañador en 2024 do certamen literario Humor con H, dentro do HEMATO FESTI. "
