Pelos e plumas de Mercé Galí é un libro de tea para primeirísimas lecturas e está publicado por Kalandraka.
Preséntase así: "Un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o
vínculo co bebé a través da lectura, do xogo e da empatía, dunha maneira amorosa e próxima, estimulando habilidades como a lingoaxe e a imaxinación... adquirindo un vocabulario básico
relacionado cos animais da granxa."
Páxinas gordechas e con textura interior que nos fará pensar en plumas ou pelos para presentarnos o can, o galo, o ganso, o porquiño, o rato, a vaca, o coelloe a gata.
Preséntase nun estoxo que nos servirá para gardalo despois de cada uso, cun furadiño no que se nos indica que debemos tocar para facernos unha idea do que nos agarda.
Ben, Kalandraka vai ampliando o seu catálogo a produtos necesarios, os indicados para o comezo, para eses tempos nos que o libro vai máis alá do libro ata converterse nese obxecto que queremos levar sempre connosco, da man, no carriño, na cama, en todo tempo e lugar.